Mudámonos, a partir de agora podes seguir todo sobre as Escolas Deportivas na nosa nova dirección www.edarzua.es
Tags: edarzua
Xa con tódolos equipos adestrando,iste ano temos sete equipos en diferentes categorias,os primeiro en debutar na liga foron os infantís que adestra Javi,moi bo comezo en Brexo Lema onde gañaron por 0 a 1 con gol de Martín .nun partido igualado con moitas ocasións para os dous equipos e onde poido gañar calqueira dos dous,logo recibiron o Betanzos e perderon por 6 a 1 con gol de Dani Quintela e xa este pasado sábado xogaron nas Encrobas un partido con moitos goles 6 a 11 para EDA TGM con 5 goles de Anelka,3 de Martín e outros tantos para Marcos.
Xa a partir da vindeira semana poñeremos os resultados e unha pequena crónica ou polos menos os goleadores de cada partido.
Recordar por último que os calendarios,clasificacións e resultados podedes seguilos nos enlaces desta páxina.
A nova tempada xa esta en marcha para EDA ,así, foron os infantís os primeiros en empezar os adestramentos xa que este ano teñen unha liga larga e bonita , competirán en primeira provincial nunha liga de 18 equipos.O sábado 1 de setembro primeiro desprazamento no campo do Brexo Lema.
O resto de equipos comenzarán xa a mediados do vindeiro mes os adestramentos.
Os calendarios xa se poden ver na páxina www.futgal.es ou enlazando dende a nosa páxina.
Os xuvenís de EDA TGM conseguiron, despois dunha gran tempada o ascenso a primeira provincial ,proclamándose ademais campións da fase de ascenso.
Por outra parte,este fin de semana xógase a fase final da liga intermunicipal de fútbol sala con participación arzuá nas categorías benxamín ás 10.15 h contra Boimorto,alevín as 12.00 h con Curtis e os cadetes ás 19.00 h diante de Toques.
Para velo calendario pulsa aquí.
O vindeiro día 17 de Maio, aproveitando a festividade das letras galegas, o Real Clube Deportivo de A Coruña orgaiza o IV TORNEO FÚTBOL REAL CLUB DEPORTIVO DE LA CORUÑA ALEVÍN-8 E BENXAMÍN-7 de fútbol
As escolas deportivas de Arzúa tamén estarán representadas en dito torneo.
Para que esteades informados de todo: grupos, calendarios, horarios, reparto de vesturarios, etc. eiquí vos deixamos toda esa información, só tedes que pulsar no escudo do Deportivo.
En prebenxamíns o sábado empate a 4 goles frente o Frisonoble con goles de Juanma Botana,Germán,Javi Pampín e Sergio García,o martes victoria no campo do Viso esta vez ante o Portazgo por 2-1 con goles de Juanma.
En categoría xuvenil 1-3 en Cecebre con goles de Diego Quintela en duas ocasións e Alvaro o que coloca o equipo arzuán en segunda posición provisional.
Tamén comenzou a 4ª Liga Intermunicipal de fútbol sala con partidos ante Boimorto con dúas victorias en benxamín e cadete ,e duas derrotas en alevín e infantil.
No pasado fin de seman,tivemos unha victoria do equipo xuvenil ,no seu primeiro partido da fase de ascenso ,en Dorneda donde gañaron por 3 a .Na primeira parte 0-3 para os de Arzúa, despois empataba o equipo local e incluso se puido poñer por diante ,pero nunha gran xogada de Miguel subía o cuarto gol para o EDA TGM,e nunha falta o mesmo xogador conseguía o quinto gol.Marcaron Miguel 3,Diego Quintela e José Ramos.Por outra banda os prebenxamíns perdían en Dorneda por 3-2 on goles de Juanma e os infantís en Carral por 1-0.